Arévalo e o seu k4, prata no Mundial e pase a Toquio

Prata no Mundial e clasificación para os Xogos Olímpicos. En augas de Szeged (Hungría), o combinado estatal de K4-500, do que fai parte o betanceiro Carlos Arévalo, fíxose co segundo posto no campionato do mundo e certificou a clasificación do barco para os Xogos Olímpicos que terán lugar o vindeiro ano en Toquio.

Canda el, competían no barco Saúl Craviotto, Marcus Cooper Walz e outro galego, Rodrigo Germade.

A proba foi retransmitida en directo onte no Edificio Arquivo.