A Deputación financia con 306.000 euros os servizos de socorrismo das piscinas e praias fluviais de 45 concellos do interior

Imaxe da piscina de Paderne

As achegas van desde os 3.552 aos 9.336 euros, segundo as necesidades estimadas por cada concello
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou onte a concesión provisional das subvencións para os servizos de socorrismo en concellos do interior da provincia, que financia a Deputación da Coruña con 305.999,86 euros.

A través desta liña de axudas, 45 concellos do interior da provincia custearán os salarios dos socorristas que traballarán este verán nas piscinas, praias fluviais e outros espazos acuáticos municipais coma o Aquapark de Cerceda ou o lago das Pontes. As achegas da Deputación van desde os 3.552 aos 9.3366 euros, segundo as necesidades estimadas por cada concello.

O programa, que se convoca cada ano, contribúe a xerar emprego durante a época estival e a manter a seguridade das persoas usuarias das piscinas públicas e praias fluviais. Ademais este ano, os socorristas desenvolverán un importante papel para garantir que se cumpran as medidas hixiénicas e de seguridade nas instalacións acuáticas dos concellos de interior.

Na nosa comarca, Abegondo recibe 7.450,39€, COirós 6.790,23€, Curtis 7.827,63€ e Oza-Cesuras 9.336,57€