A Deputación destina 371 000 euros á mellora de infraestruturas e equipamentos de clubes deportivos

Xosé Regueira (esquerda) e Valentín Formoso, vicepresidente e presidente da Deputación respectivamente

A Deputación da Coruña destina este ano 370.986,98 euros para apoiar a 98 clubs e entidades de distintas disciplinas deportivas da provincia a mellora as súas infraestruturas e equipamentos.

O Boletín Oficial da Provincia publicou a concesión provisional desta liña de subvencións coas que a área de Deportes da institución provincial financia diversas obras de construción de novas infraestruturas, mellora das existentes e dotación de equipamentos deportivos a preto dun centenar de clubs da provincia, con axudas que oscilan entre os 1.000 e os 17.500 euros.

Desde a área provincial de Deportes destacan a importancia do programa “para atender as necesidades dun centenar de entidades deportivas da provincia da Coruña e dotalas dos medios adecuados para desenvolver a súa actividade, fundamental na promoción do deporte de base”.

Con esta importante liña de subvencións, a Deputación colabora coas entidades en cuestión que van dende a adquisición de material de adestramento e competición até a compra de embarcacións e vehículos, pasando por obras de rehabilitación e reforma de instalacións deportivas.

Con esta axuda, o CN Ría de Betanzos acometerá a mellora da súa sala de musculación, entre outros investimentos realizados por máis entidades da contorna.