A concesionaria das piscinas alerta dun corte de auga por avaría

Piscina municipal cuberta. Imaxe do Concello

A concesionaria do complexo deportivo do Carregal alertou nas redes sociais de que non ten subministro de auga. “Por rotura na rede xeral as instalacións están sen servizo de auga ata que nos restablezan o servizo” aseguran responsables da empresa. Iso si, engaden que “non suspendemos servizos”.