A biblioteca de Miño acolle un campionato de xadrez

Un xadrez da cerámica galega Do Castro

Os vindeiros 1, 2 e 3 de novembro, a biblioteca municipal de Miño, que ocupa o segundo piso do Centro Social da Rúa, acollerá o III Torneo de Miño de Xadrez. O campionato será en formato aberto para Sub2200, valedeiro para ELO FIDE. Poden participar deportistas de todas as idades.

O sistema de xogo será o suízo a seis sesións, con ritmo de xogo de 60’+30”/xogada. A organización corre a cargo da Escola Ferrolá de Xadrez co apoio do Concello. Os premios serán para os tres primeiros clasificados das categorías Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 16, Sub 18, Veteranos e Sénior.