Visita guiada este sábado polo modernismo en Betanzos

O CIEC ten a súa sede na modernista Casa Núñez

Este sábado día 9 realizarase unha nova visita guiada polo patrimonio modernista de Betanzos. A saída será ás 11.00 horas da Oficina de Turismo. Os interesados en inscribirse (as prazas son limitadas) e informarse poden facelo na propia Oficina de Turismo, na praza de Galicia número 1.