Unha mostra repasa os traxes tradicionais do fondo da EMUF

Integrantes da EMUF. Foto da EMUF

O fondo de armario da Escola Municipal de Folclore (EMUF) salta á pasarela. Do 11 ao 29 de maio, no horario habitual na Sala de Exposicións do Edificio Arquivo, estará aberta a mostra “25 anos vestindo á EMUF”.

A exposición conmemora os 25 anos da Escola Municipal de Folclore (EMUF) e repasa os traxes tradicionais que a mesma exhibiu ao longo deste tempo, desde fondos propios recuperados ata os cedidos polo antigo Ballet Galego Rey de Viana, depositados no Museo das Mariñas.

Varios videos desta compañía artística dan soporte á mostra e poden visualizarse xa na canle de youtube do Concello.