Un contacontos achegará “Os nosos bosques” ás crianzas betanceiras en Biblos

Tucho Calvo, responsable da libraría Biblos

O venres 13 de decembro (19 horas) o contacontos Diego García achegarase para presentarnos o libro infantil “Os nosos bosques”, editado pola cooperativa galega Miudinho. A actividade está indicada para crianzas de 6 anos en diante e terá unha duración de 40 minutos, nos que Diego percorrerá as diferentes ilustracións para dar a coñecer algún dos segredos naturais que agochan.

Ao día seguinte, o sábado 14 de decembro, ás 19.30 horas, Salvador Fojón Polanco presentará o seu libro “Biología humana. ¡…a ver si nos entendemos!” na Libraría Biblos. Estará compañado polo cirurxián cardiovascular Alberto Juffé e o catedrático de Botánica Javier Guitián.