Segundo premio para a EMUF no Día da Muiñeira de Cee

Os participantes no encontro. Foto da EMUF

Tras cantar os maios na feira do Primeiro de Maio, os integrantes da Escola Municipal de Folclore (EMUF) e do Grupo Azougue desprazáronse ata Cee, onde participaron na XXXIII edición do seu Día da Muiñeira.

Entre as agrupacións participantes, a betanceira resultou clasificada en segundo lugar na categoría A, sumando un novo recoñecemento para a entidade.