Sara Fraga Pérez ofrecerá unha conferencia sobre o proceso de recollida do patrimonio inmaterial

A investigadora Sara Fraga Pérez ofrecerá unha charla sobre o proceso de recollida etnográfica e cultural “Colleitando cultura”. A cita é este sábado ás sete do serán na sede da AGCDX Lar de Unta. Terá un aforo máximo de 20 persoas e son de obrigado cumprimento os requisitos demmantenza de distancia social e uso de máscara. Para asistir será preciso reservar praza, ata a véspera.

Sara Faga Pérez é Graduada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e Mestra en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte da mesma Universidade. É investigadora nos campos da historia social, da historia de xénero e das cuestións relacionadas ca indumentaria.

Ademáis de participar na Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo, onde foi unha das encargadas de facer as visitas guiadas ao Parque durante o verán do 2017, tamén colabora na asociación estudantil Entre Clío y Euterpe: Arte y poder, que agrupa a novos investigadores nos campos da arte e o poder e ten traballado no xacemento arqueolóxico de Cova Eirós.

Ten participado en congresos con investigacións sobre indumentaria, coma o seu traballo que leva por título Detrás del corsé y la crinolina: la indumentaria de la mujer y el prestigio social en el matrimonio victoriano ou Leva a vida dun home, pero siga sendo unha muller. Moda, feminidade e feminismo.

Durante o 2018 realizou unha estancia na Galería de Arte, Arquitectura e Deseño PROgetto Città (Sicilia), onde asistíu ao comisario da exposición La verità di Luigi Ghersi e ao da Città e paesaggi alternativi. Aquí foi tamén a encargada de dar a conferencia Italia/Spagna in Galleria PROgetto Città, no curso de lingua española da Universidade da Terceira Idade de Barcellona Pozzo di Gotto.

Posteriormente, comisariou a exposición “25 anos vestindo á EMUF”, actividade que compaxinou co seu traballo na biblioteca viguesa Juan Compañel.