Roxín Roxal recupera os seus roteiros

Un intre do roteiro sobre patrimonio maltratado guiado por Suso Torres. Imaxe do BNG

A ACLP Roxín Roxal programa para o vindeiro sábado día 11 un roteiro polo arteixán monte da Estrela, para cubrir a ruta que atravesa o enclave. Estará guiada pola arqueóloga Puri Soto e debido ás restriccións a causa da covid-19, haberá que se inscribir previamente contactando con Roxín Roxal.