Roxín Roxal propón unha viaxe polos Ancares a través da Vía XIX romana

Un roteiro sobre patrimonio guiado por Suso Torres. Imaxe do BNG

A ACLP Roxín Roxal propón, para poñer o ramo aos seus roteiros de outono, unha viaxe guiada polos Ancares. Será o vindeiro 13 de outubro, e partirase en autocar desde o polideportivo betanceiro. Xabier Moure guiará o roteiro, que percorrerá O Corneal e Doiras, o treito de vía romana XIX máis extenso que se conserva no noso país, que discorría orixinalmente entre Bergidium (Ponferrada, O Bierzo) e Lucus Augusti, a actual Lugo.

O transporte custa dez euros para os socios da entidade, 15 para non socios e as inscricións poden facerse ata o 7 de outubro no email da entidade, roxinroxalARROBAyahoo.com