Roxín Roxal organiza unha conferencia on line sobre xestión do patrimonio

A AC Roxín Roxal organiza para o vindeiro venres 29 de maio ás 20:30 h. a traves de Facebook e Youtube unha mesa redonda co título “Patrimonio: como rematarmos co desastre?”. Na mesa redonda intervirán Soledad Felloza, da rede do patrimonio cultural, Adela Figueroa, de ADEGA, Antón Malde, arqueólogo e director científico CV Castro das Travesas e Xabier Moure, Historiador.

Na organización colaboran a rede de patrimonio cultural e a Deputación da Coruña.