Roxín Roxal comeza o outono coa poesía de Callón e a tradición recuperada das Pesquedellas

Callón (esquerda) e Risco (dereita) con repolos de Betanzos en imaxe de arquivo

A ACLP Roxín Roxal retoma este outono a actividade cunha doble sesión nesta longa fin de semana. En conexión en directo desde Lisboa, a asociación cultural presenta, a través do seu facebook e youtube en streamming, o último poemario de Carlos Callón, profesor, ensaísta e poeta. El mesmo, este serán, analizará “Inscricións”. “Versos que furan o peito, que mancan. Un libro sobre os mapas da alma”, segundo o presenta Galaxia na súa web.

No mesmo formato, o día 12 ás seis da tarde, unha nova conexión a tres bandas achegaranos ás recuperadoras da tradición oral mariñá e divulgadoras entre a mocidade Pesquedellas. Serán presentadas pola actriz Isabel Risco.