Presentan unha nova edición de “A Casa dos Espellos”

O tempo remátase para o Pasatempo

A Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo presentará o vindeiro xoves o segundo número da súa revista de investigación sobre o parque e o patrimonio o vindeiro día 16. Desde as 20H, a Libraría Biblos acollerá a presentación da publicación, que pode consultarse en internet e descargarse gratis.

Neste número a revista conta con once artigos que abordan diferentes perspectivas do xardín enciclopédico: a súa vertente pedagóxica, a relación con intelectuais como Isaac Díaz Pardo, a influencia das fábricas de fundición nas súas esculturas, as súas técnicas de construción ou a relación con outros parques do mundo da mesma época.