Presentan a Biblioteca Dixital do Pasatempo

Porta principal ou dos Leóns do vello Pasatempo. 

O Pasatempo segue medrando. Á revista de investigación Casa dos Espellos que promove a Asociación de Amigos do Pasatempo acaba de sumárselle a Biblioteca Dixital do Pasatempo. Este web trata de condensar todos os traballos publicados sobre o parque enciclopédico, sexan en soporte tradicional ou en formato dixital.

Traballos orixinalmente publicados no Anuario Brigantino e noutros soportes municipais enlázanse cos estudos da Casa dos Espellos, o libro de Borondo que deu orixe a moitos recantos do parque e a traballos publicados noutras revistas e mesmo o concurso de ideas dos 90 para construír o actual parque.

É outra iniciativa da Asociación de Amigos do Pasatempo.