Poetas da Nova Poesia Guitirica recitarán en directo o 17 de Maio no facebook

Poetas da NPG Nova Poesia Guitirica recitarán en directo o 17 de Maio no facebook da Nova Poesia Guitirica NPG ás 20:00 horas. O recital está vai honrar a Ricardo Carvalho Calero, a quen se adican as Letras Galegas deste ano.

Ao non poder realizar actos públicos, a Nova Poesía Guitirica realiza este acto polas redes sociais. O acto comenzará coa lectura do prólogo que Carvalho Calero fixo para NIMBOS de Díaz Castro e cada poeta recitará algún poema de Carvalho ou en homenaxe a él.
A amizade entre Carvalho Calero e Díaz Castro da a este recital un valor especial para a poesía guitirica, que ten ao poeta dos Vilares como a grande referéncia e causa da súa existéncia.  No pasado mes, a NPG ten promovido dous actos poéticos nas redes de grande éxito, #RecitalnaCasadaNPG e #enredeversos con perto de 50.000 visualizacións nas redes sociais entre ambos.