Poesía contra o confinamento, unha receita da NPG

Poetas da NPG nun dos actos do Proxecto María Balteira. Imaxe da NPG

O grupo poético de base Nova Poesía Guitirica ven de presentar #RecitalnaCasadaNPG, unha nova iniciativa para utilizar a forza da poesía poesía para facer máis levadeiro o tempo de reclusión obrigada nas casas. Cada día ás 18:00 horas, o grupo de facebook da Nova Poesia Guitirica NPG terá un recital dun/ha poeta da NPG EN DIRECTO que será compartido nas redes sociais doutros grupos poéticos e culturais.

Despois deste recital desde a casa e si a corentena continúa sobre as datas previstas, realizaremos outro recital aberto a outros grupos poéticos.

As persoas participantes deste #RecitalnaCasadaNPG serán:

Día 1 Fátima Fernández
Día 2 María Pereira
Día 3 Branka Villar
Día 4 Moncho Bouzas
Día 5 Pas Veres e Clara Blanco
Día 6 Xelo Teijido
Día 7 Amalia Díaz
Día 8 Antón de Guizán
Día 9 Maica Pastoriza
Día 10 Emilia Martínez Fuentes
Día 11 Luz Darriba
Día 12 Pilar Maseda
Día 13 Jaki S. Quintela