Pesquedellas, cando a mocidade recolle a tradición dos avós

Un maio tradicional en Pontedeume

Este sábado o salón de actos da Libraría Biblos acollerá a presentación do documental 2Escoitar, Aprender e Compartir” desde as oito do serán. A obra é o resultado da investigación de recollida realizada por un grupo de mozas e mozos betanceiros vinculados ao mundo da música tradicional.

A través do seu web na rede social Facebook, o grupo investigador xa ofrece algúns cortes dese inxente traballo de recollida realizado nos últimos meses, para o que contaron cunha subvención da Xunta de Galicia.

A presentación do que, polo de agora, é o resultado da súa investigación de campo rematará, como non pode ser doutro xeito, cunha foliada. Será no Café Lanzós, ao outro lado da vedraña praza da Verdura. E animan a sumarse “traede os vosos instrumentos e moitas ganas de bailar!”