Pérez Lorenzo falará sobre o expolio do Pazo de Meirás en pleno inventario do recinto

Ocupación simbolica de Meirás demandando a súa devolución

Manuel Pérez Lorenzo, historiador e coautor do libro “Meirás, un pazo, un caudillo, un expolio”, exporá o seu traballo de investigación canda Carlos Babío Urkidi o vindeiro sábado 14 de novembro ás 19,00 horas da tarde na ADCDX Lar de Unta.

O aforo está limitado a 20 persoas e poderá reservarse asistencia ata o día anterior ás 23:00 horas e será obrigado o uso de máscara e distancia social. A entidade confía en poder retransmitir a conversa mediante unha plataforma de video en streaming á cal se poderá acceder dende a páxina web da entidade.