Penelas participa na XXX Feira do Libro de México co “Trasno de Espenuca”

A feira do Libro de Guadalaxara

O conto para nenos do colaborador de Xornal de Betanzos Carlos Penelas ‘O trasno de Espenuca’ participa da XXX Feira Internacional do Libro Guadalaxara 2016, que se realiza ata o 4 de decembro en Centro de Exposicións Expo Guadalaxara, Jalisco, México.

O libro, publicado por Editorial Dunken, leva debuxos de Eugenia Limeses e Emiliano Penelas, é un relato fantástico ambientado nunha aldea galega, o primeiro conto para nenos na extensa bibliografía de Penelas. Lembremos que tamén ten unha edición especial fose de circulación comercial.

A Feira Internacional do Libro de Guadalaxara, en México, mellor coñecida como a FIL, é un dos eventos anuais máis importantes do xénero no mundo hispanohablante, a segunda en termos de presenza editorial despois de Feira do Libro de Frankfurt, en Alemaña, e a segunda en termos de público despois da Feira Internacional do Libro de Buenos Aires.