O XXIV Festival Internacional de Galicia Galicreques trae tres obras para escolares

Teatro de títeres

Logo de que o Alternativa dos Veciños impuxera a fin do Festival de Títeres Consorcio das Mariñas, que se incluía dentro do Festival Internacional de Galicia Galicreques, o Concello de Betanzos acollerá unha sección deste festival de teatro de marionetas, que alcanza xa a súa XXIV edición.

Coa organización da Asociación Cultural Barriga Verde e a colaboración de diversas entidades e concellos que poñen a disposición os seus espazos públicos, a Betanzos chegarán a compañía Nella Férrez, que representarán “La Caperucita” o vindeiro 23 de outubro en sesión de mañá para os escolares do Concello de Betanzos.

Ao día seguinte actuarán Chachakün, que poñerán en escena “El investigatopo”, tamén en sesión de mañá para os escolares de Betanzos. Pecharán a sección betanceira Títeres Cachirulo, Tres Tigres e Chachakün, que levarán a cabo “Cronopios”, tamén de xeito exclusivo para os escolares de Betanzos, o día 25 de outubro.