O trío EnClave actúa o sábado na igrexa de Santiago

Igrexa de Santiago

A igrexa de Santiago acollerá este sábado, ás cinco da tarde, un concerto do trío EnClave, dentro da programación ‘Atmósfera Galicia’ organizado polo Xacobeo 21 da Xunta. Colabora a Unidade Pastoral de Betanzos na organización do evento, que terá entrada de balde ata completar aforo.