
Concerto da Banda en Santa María. Fotografía do Concello
Ía ser ao alire libre, pero o temporal impediuno. O Concerto Extraordinario de Nadal da Banda Municipal previsto para onte adiouse ata novo aviso. Este ano, a causa da pandemia, tan só ía intervir a agrupación instrumental, a diferenza doutros anos nos que tamén interviña o coro do Conservatorio a cantar panxoliñas.
Se a actuación é adiada ou suspendida dirao proximamente o goberno local, que nas redes advertiu da cancelación polo temporal.