O Pasatempo será o protagonista do ciclo de Conferencias do Anuario Brigantino

“Parque do Pasatempo ou o mundo en Betanzos” é o título que engloba o ciclo deconferencias do Anuario Brigantino, organizado polo Concello de Betanzos. Mañá xoves terá lugar a segunda sesión das Conferencias do Anuario Brigantino.

A investigadora betanceira Sara Fraga Pérez fará unha viaxe a través da historia da moda e dos hábitos deses novos indianos, tomando como referencia as fotografías da familia García Naveira e doutros acontecementos de Betanzos na conferencia que leva por título “Sempre houbo ricos e pobres: a convivencia da moda parisina das García Naviera cos últimos resquicios do traxe tradicional galego”.  Será no edificio Liceo ás 20 horas.