O Liceo acolle a mostra “Á violencia de xénero dille non!”

O rexistro municipal está no Edificio Arquivo, na planta baixa á dereita

Do 30 de decembro ao 16 de xaneiro, na Sala de Usos Múltiples do Edificio Arquivo do Antigo Reino de Galicia terá lugar a exposición titulada
“Á violencia de xénero dille non!”. A mostra, organizada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta, poderá ser visitada en horario de 10:00 h
a 14:00 h e 18:00 h a 21:00 h os días laborables e de 11:30 h a 14:00 h os sábados.

O hall do edificio acolle tamén, ata o 15 de xaneiro, exposición dos traballos participantes no Concurso de carteis de Nadal organizado polo Concello, visitable no mesmo horario.