O I Filomena Dato de Poesía leva o nome de Lorena Conde

Filomena Dato ante a tumba de Rosalía

Lorena Conde Martínez, co poemario “Ave do paraíso”, resultou a gañadora do I Concurso de Poesía Filomena Dato do Concello de Bergondo. O xurado, reunido na Casa Consistorial bergondesa, seleccionou, entre 52 poemarios, esta obra pola “súa potencia na construción do conxunto cun gran control no poema longo e a estrutura dramática do libro, con presenza de voces variadas, múltiples referencias culturais”.

O premio está dotado con 2000 euros e a publicación do poemario na editorial Apiario.