O espectáculo “Bichocas” de Xarope Lulú, o 29 de febreiro nos Sábados Miúdos

Bichocas”, o espectáculo de Xarope Lulú dedicado á primeira infancia para nenas e nenos de ata 6 anos chega a Betanzos este 29 de febreiro ás 12:00 h no Salón azul do Edificio Arquivo dentro do Programa de dinamización lingüística para público infantil Sábados miúdos.

O espectáculo conta con 20 prazas, con preferencia para os nenos e as nenas empadroadas, que poderán asistir acompañadas dun máximo de dúas persoas adultas. O prazo de inscrición para o estará aberto en www.betanzos.gal (novas>sábados miúdos) desde o 24 de febreiro ás 09:00 h ata cubrir as prazas. A confirmación da praza realizarase antes da actividade no correo electrónico ou no teléfono facilitado no momento da inscrición.

O programa de dinamización lingüística para público infantil Sábados miúdos comprenderá neste ano 2020 nove espectáculos para os máis pequenos e pequenas que ateigarán os sábados de contos, cantigas e lingua para desfrutar en familia. A próxima sesión será o vindeiro 28 de marzo co contacontos “A pitiña Cocoricó” de Charo Pita e cuxo prazo de inscrición abrirá o día 23 en www.betanzos.gal.

Máis información no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, situado nas Oficinas Xerais do Edificio Arquivo.