O Entroido de Samede asómase esta tarde no Liceo

Entroido de Samede. Foto do blog do Entroido de Samede

A aula de cultura do Edificio Arquivo acolle esta tarde unha xornada de achegamento ao entroido tradicional de Samede, en San Xiao de Vigo (Paderne). Desde as oito do serán, Emi Cagiao, unha das persoas implicadas na recuperación do entroido e autora do libro de investigación sobre o mesmo, explicará o ciclo do único entroido tradicional conservado no norte de Galicia.

O acto está organizado por ACLP RoxíN Roxal.