O bergondés Mosquera Camba gaña o Díaz Castro de Poesía

O poeta nun acto no Salón Azul do Edificio Arquivo

Co poemario titulado “A traxedia da arquitectura” o bergondés Xosé Luís Mosquera Camba ven de gañar a cuarta edición do premio de poesía Xosé María Díaz Castro, que convoca anualmente o Concello de Guitiriz.

A obra impúxose entre os corenta orixinais presentados ao certame que valorou o xurado, composto por Ánxela Gracián e Miguel Anxo Fernán Vello, e mais o crítico Armando Requeixo. O fallo sintetizaba así a proposta poética de A traxedia da arquitectura: “Excelente traballo de fusión e recreación das máis diversas tradicións poéticas para conformar un fulgurante collage”. Mosquera Camba xa ensaiou esa táctica autoral en anteriores obras, por caso en Das árbores tropicais e do amor (Espiral Maior, 2018) ou Nadja c’est moi (Espiral Maior, 2008). De feito, o poeta tamén práctica a collage visual.

O premio Díaz Castro está dotado con 2.000 euros e mais a publicación da obra por Espiral Maior -editora fundada por Fernán Vello. As tres anteriores edicións foron premiaron Oracións profanas (2019), de Xurxo Alonso; O filósofo coxo (2017), de Eduard Velasco, e Máscaras de espellos (2016), de Raúl Gómez Pato.