O Anuario Brigantino sérvese da Casa dos Espellos para programar outro ciclo de conferencias

Porta principal ou dos Leóns do vello Pasatempo.

O mes de marzo achegará ao Salón azul do Edificio Arquivo unha nova entrega do ciclo de conferencias do Anuario Brigantino. Nesta ocasión, servese da revista local de investigación sobre patrimonio Casa dos Espellos para meterse de cheo na reivindicación do parque do Pasatempo.

Así, abrirá o ciclo o día 5 ás 20 h, Pilar Cagiao Vila, cunha ponencia titulada “De idas e voltas: as migracións galegas das américas e o seu impacto nas dúas beiras”. O día 12, no mesmo horario, Sara Fraga Pérez abordará o vestido da època con “Sempre houbo ricos e pobres: a convivencia da moda parisina das García Naveira cos últimos resquicios do traxe tradicional galego”.

Daniel Lucas Teijo Mosquera tomará a palabra o 18 para analizar “O Parque do Pasatempo: unha “finca-museo” e pechará o ciclo o 26 Ángel Arcay Barral interpelándonos sobre “Qué é o Parque do Pasatempo? Arte, capricho e iniciación”.