Nomean Veciño Distinguido de Buenos Aires a Carlos Penelas

Carlos Penelas, poeta, escritor e colaborador de Xornal de Betanzos, será nomeado Veciño Distinguido da Cidade Autónoma de Buenos Aires. O acto de entrega da distinción levarase a cabo no Centro Cultural e Biblioteca Popular Carlos Sánchez Viamonte- onde dirixe un obradoiro literario- o vindeiro xoves 10 de outubro ás 19 horas.

O acto consistirá na entrega do diploma que o recoñece como Veciño Distinguido da Cidade Autónoma de Buenos Aires, pola súa recoñecida e destacada obra poética e literaria de alcance mundial. A seguir, haberá un viño.