Nadal con Canva e compras seguras online, parte da oferta formativa da Aula CeMIT en decembro

No mosteiro de San Domingos están a biblioteca, o arquivo, o Museo das Mariñas, a Aula CeMIT e a OMIX

A Aula CEMIT organiza novas actividades para o mes de decembro. Así, os días 9,10,14,15,16 e 17 de decembro desenvólvese o curso “Iniciación á Informática”. Dirixido á poboación en xeral. Levarase a cabo en horario de 09:00 a 10:30 h. Repetirase os días 9,10,14,15,16 e 17 de decembro en horario de 16:00 a 17:30 h.

O día 11 de decembro realízase o curso “Deseña as túas postais de Nadal con Canva”. Dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:00 a 11:00 h. O día 18 de decembro realízase o obradoiro “Compras seguras”. Dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:00 h a 10:00 h.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. Ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolle os medios e ferramentas necesarias para poder formar parte activa da sociedade da información.