Matria hoxe e Buscando a Nemo o domingo, dobre sesión de cine no Alfonsetti

Interior do Alfonsetti

O cine Alfonsetti ten dobre proxección esta fin de semana. No serán de hoxe pasarase a curtametraxe Matria, con presenza do seu director. Tamén, ás 20.00 horas, mostrarase Revisitando a Antonio Fraguas.

A seguinte proxección será o domingo día 2 ás 18.00 horas, con Buscando a Nemo, película de animación para os máis pequenos.

As entradas son gratuítas ata completar aforo. O vindeiro domingo día 9 tocaralle a quenda a outra película infantil, a secuela da deste domingo, Buscando a Dory.