Marcos Abalde gaña o XI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico con “Psicofonías”

O dramaturgo Marcos Abalde

O poeta e dramaturgo miñés Marcos Abalde ven de gañar o Premio do Xurado do XI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, coa obra “Psicofonías”. Ademais do galardón, levou 3000 euros de premio. O xurado estivo constituído por Carmén Castro –programadora teatral do Concello de Carballo–, Antón Lopo –crítico teatral do Diario Cultural– e Santiago Cortegoso –dramaturgo e director das adaptacións radiofónicas desta edición.

Marcos Abalde xa obtivo ao longo da súa carreira outros premios como o Premio Josep Robrenyo 2008 por Canibalismo, o Premio Álvaro Cunqueiro 2011 por A cegueira (Xerais, 2012) ou o Marqués de Bradomín 2012 por Xudite. Avelina Pérez, pola súa parte, xa gañara, entre outros, o Premio do Público deste certame en 2015, con Non teño espello no baño. Actualmente ten en cartel a obra Os cans non comprenden a Kandinsky. As catro obras finalistas serán editadas nun libro ao que acompañará un CD coa adaptación radiofónica dos textos . Será o undécimo volume da colección de Teatro Radiofónico, xa con máis de corenta obras publicadas.