“Jesús Núñez. Momentos Gráficos” achega ata fin de mes a obra do creador betanceiro

A Cas Núñez é a sede da Fundación CIEC

A sala de exposicións temporais da Fundación CIEC, na modernista Casa Núñez, acolle ata fin de mes a exposición titulada “Jesús Núñez. Momentos Gráficos”. A mostra ofrece un repaso polas creacións do fundador e alma máter da entidade, Jesús Núñez (Betanzos, 1927).

Pode visitarse de martes a sábado en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.