Gadisa publica “Brian o chinés” cunha tiraxe de 30 000 volumes para festexar o Día das Letras Galegas

Sede de Gadisa no polígono de Piadela

Gadisa sumouse este ano á conmemoración dun Día das Letras Galegas atípico cunha aproximación ao público xuvenil. Ata fin de existencias, este sábado agasallou en todos os Supermercados Gadis de Galicia “Brian, o chinés”. En total, 30.000 exemplares dunha obra que asina David Daniel Vázquez Álvarez con ilustracións de Andrés Meixide.

Trátase dun relato propio, en primeira persoa, dun mozo con Síndrome de Down a piques de alcanzar a maioría de idade. Un diario cargado de humor e frescura, que narra dunha forma dinámica situacións da vida cotiá do protagonista desde a súa infancia. Describe con gran realismo as dificultades ás que se enfronta, como as afronta e supéraas. Unha visión introspectiva da súa propia diversidade e das persoas que lle rodean. A mirada do seu eu a través dos ollos doutros. Un libro que atrapa de principio a fin.

Desde Supermercados Gadis enfatizan en que “Brian, o chinés” cumpre unha tripla función: apoiar a edición de libros en galego, fomentar a lectura neste idioma entre os mozos e promover a diversidade e integración.