Festas de Entroido na comarca

Máscara de entroido realizada no obradoiro de Sargadelos

Abegondo celebra o domingo a súa festa de Entroido no polideportivo municipal, en San Marcos, a partir das cinco da tarde. O desfile de disfraces comezará ás 18.30 horas. Haberá concurso a nivel individual, de parella e de grupos así como de comparsas e carrozas. Os premios van dos 150 aos 800 euros. Todos os participantes terán un premio.

Coirós celebra o martes a Festa de Entroido no polideportivo da Cortella, entre as 17.00 e as 20.00 horas. O Concello organiza actividades, inchables para os máis pequenos, actuacións musicais e un concurso de disfraces no que poderán participar todos os asistentes.

Pola súa parte o concello de Aranga organiza un taller de cociña para crianzas o mércores 26 de febreiro no anexo da Castellana de 10:30 a 13:00. O custo é de 6 euros por neno e hai que apuntarse antes do día 24.