Eira Vella presenta un novo número de A Xanela

A Asociación Cultural Eira Vella presentará hoxe o número 30 da publicación A Xanela, “a revista cultural das Mariñas”. Nesta ocasión, A Xanela está dedicada ao músico e compositor betanceiro Carlos López García-Picos, do que se vai cumprir o cabo de ano da súa morte.

Para amenizar o acto e celebrar a publicación do número 30 da revista, a editora, a Asociación Cultural Eira Vella, organiza un concerto a cargo do Juan Carlos Casal Jazz Trío, integrado polo baixo Eugenio Pintor, a batería Felipe Oñate e o pianista Juan Carlos Casal. A presentación comezará ás 20.30 horas no Liceo.