Eira Vella organiza unhas Xornadas da Historia polo 800 aniversario

A Asociación cultural eira vella organiza unhas xornadas da historia que se celebrarán os días 10, 11 e 12 de decembro para celebrar o 800 aniversario do privilexio real que autorizou o traslado de Betanzos ao Castro de Untia. As conferencias serán ás 20 h no salón azul do Liceo.

“Betanzos a comezos do século XIII” por conta de Xesús Torres abrirá a terna de palestras, que incluirá a proxección do documental “O Reino suevo de Galicia” e concluirá co “nacemento, vida e morte do Reino de Galici”a, a cargo do historiador Anselmo López Carreira, unha das autoridades científicas na coroa galega.