Dobre cita cos novelistas betanceiros

libros2Esta semana trae unha coincidencia en presentacións das últimas creacións dos dous novelistas máis laureados da nosa cidade. O centro da literatura galega estará por uns días en Betanzos coas presentacións, hoxe ás oito da tarde, da novela “Reo”, de Xesús Fraga. A cita é en Casa Castillo (R/ Roldán, 2) e no acto organizado por esta asociación haberá unha charla arredor da novela co propio autor e ademais unha demostración de graffiti.

O venres no Salón Azul desde as 20:30 h será o turno de “Olympia ring.1934” de Xabier López, coa presenza do autor e o editor, nun acto organizado pola AC Eira Vella.

E no medio, para non perder pulso do máis actual da literatura galega, Álvarez Torneiro, premio nacional de poesía, recalará na libraría Biblos para participar nun serán literario na compaña de Luís Rei Núñez.