Corredores de sombra, os poetas da Terra Chá, chegan a Biblos

Tucho Calvo, responsable da libraría Biblos

O sábado 4 de maio ás 7 do será o grupo poético musical da Terra Chá, Corredores de sombra terá unha actuación en Biblos Clube de lectores de Betanzos.

Baruk Domínguez, Carme Mato, Pilar Maseda e Rosana Domínguez, son Corredores de Sombra, que con guitarra, trombón e dúas impresionantes voces sorprenden nunha novedosísima miscelanea de ritmos e versos. Unha nova forma de escoitar poesía que non deixa indiferente a ninguén e que estrean repertorio nesta primicia en Biblos Betanzos dentro do noso programa #DoTrinque de novidades. Darán que falar… A NPG Nova Poesia Guitirica que xa ten editado poemarios dixitais dos betanceiros Moncho Bouzas (ARGONAUTA) e Ana María Pereira Varela (PURA VIDA), sigue así a facer propostas poéticas novidosas ampliando as fronteiras poéticas da Terra Chá ás Mariñas e Betanzos, cos que tantos lazos históricos e literarios teñen.

Corredores de sombra deben o seu nome ao título dun libro do vilalbés Agustín Fernández Paz de donde proceden e debutaron na entrega do II Premio Agustín Fernandes Paz este ano no auditorio de Vilalba. O repertorio abrangue a interpretación de versos de coñecid@s poetas e a forza que imprimen dan á poesía un atractivo especial que faibdisfrutar mesmo a quenes non son seguidores deste xénero literario.

Unha oportunidade de achegarse á poesía dun xeito novo e disfrutar da música e as voces deste orixinal cuarteto.