Convocan unha nova edición do certame de micropoemas Vilariñas

A NPG Nova Poesia Guitirica e a Asociación Socio-Cultural Lareira de soños acaban de convocar un novo certame de micropoesía, o Viñariñas, que acada a súa terceira edición. O nome da cita inspírase na aldea natal do poeta Díaz Castro, Vilariño dos Cregos, na parroquia dos Vilares, en Guitiriz, ao que quere render homenaxe.

Na pasada edición rexistraron 300 obras, que optaban á escultura deseñada por Vicki Ribadulla, que recibiron nomes como Andrea Araújo, Pedro Rielo e Toño Núñez na primeira edición, e Beatriz Dourado, Mila Villanueva e Cris Amoedo na segunda.

“Os certames das Vilariñas buscan dar visibilidade ao xénero da micropoesía en galego e dotala dun nome próprio e identitario desta modalidade literária que lonxe de ser unha modalidade menor, resulta moi meritoria pola capacidade de concentar mensaxes, sentimento e xontidos en tan poucos versos” explican os convocantes. A

Do 1 de abril ata o 31 de maio poderán presentarse micropoemas inéditos, orixinais e non premiados nin publicados, de temática libre e escritos en galego, en calquera das normativas admitidas, ou en portugués.

Os micropoemas terán una extensión mínima de 2 versos e máxima de 3 versos sen incluir o título. Cada poeta poderá presentar un máximo de dous micropoemas a concurso e cada un deles serán xulgados individualizadamente e por separado.  As bases están no web da NPG.