Comercios, bares e entidades homenaxean a Lorca o sábado

O mercado terá lugar na zona de San Francisco

Os actos terán lugar na zona de San Francisco

Comercios, locais de hostelería e colectivos de Betanzos como a Libraría Biblos, Adega Lastras ou Amigos do Casco Histórico organizan un maratón lírico para conmemorar a visita de García Lorca a Betanzos en 1932, que tamén contará con apartado musical. Será este sábado a partir das 11.00 horas na praza de Fernán Pérez Andrade, a carón do cruceiro no que Lorca e un grupo de amigos se retrataron.

A imaxe que se conserva desa histórica visita serve para ilustrar a convocatoria do evento e ilustraba tamén os paneis turísticos que o BNG colocou nos principais referentes patrimoniais da cidade, redactados polo daquela edil e escritor Xabier López. Cando o PP os cambiou por outros, retirou imaxes que non lles eran simpáticas, como a fotografía de Lorca no cruceiro do Azougue, a da proclamación da II República no balcón do pazo municipal ou o discurso de Lugrís Freire desde o palco da música. Os nacionalistas levaron este cambio “ideolóxico” de imaxes ao pleno en 2010. Aínda hoxe non retornaron aos paneis.