Cine, poesía e música da Lareira de soños e NPG o 4 de maio

A Asociación Socio-Cultural Lareira de soños dos Vilares e o seu grupo poético NPG Nova Poesia Guitirica terán o sábado 4 de maio dúas actividades de interés ambalas dúas ás 7 da tarde e repartidas entre as localidades de Begonte e Betanzos.

Na Casa da Cultura de Begonte e dentro da I Mostra de Cinema Galego organizada pa Asociación Castiñeiro Milenário, proxectaremos o documentário ENTRAR AOS VILARES, con un coloquio posterior co presidente da Lareira de soños, Antón de Guizán, que fará tamén unha inteoducción sobre o filme.
A esa mesma hora, en Biblos Clube de Lectores de Betanzos, a NPG Nova Poesia Guitirica ten programado o debut con novísima estrea de repertorio do orixinal grupo poético-musical Corredores de Sombra, que encabeza a poeta da NPG Pilar Maseda. O poeta da NPG Nova Poesia Guitirica Moncho Bouzas será o encargado de presentar o acto que forma parte dos programas de novidades e estreas #DoTrinque do grupo guitiricense.

O noso agradecemento ao Castiñeiro Milenario por ter contado co nós para a primeira edición da súa mostra, á que lle desexamos éxito e continuidade por moitos anos e o noso agradecemento tamén a Biblos Betanzos, grande dinamizador cultural e literario da capital mariñán pola súa colaboración nesta estrea.

Ámbolos dous eventos non defraudarán aos asistentes, pola súa orixinalidade e contidos, dos que poderá disfrutar o publico asistente de maneira gratuita.