Biblos presenta “Tres días y medio”, unha novela sobre mulleres inmigrantes e prostitución

Tucho Calvo, responsable da libraría Biblos

O venres 17 de xaneiro o xornalista e escritor Jacinto Ruiz presentará na libraría Biblos de Betanzos a súa novela “Tres días y medio”. O autor volve a ollada ás mulleres inmigrantes engulidas polo negocio da prostitución.

Será a partir das oito do serán no salón de actos da libraría.