Biblos inaugura unha mostra de Diana Aitchinson, que departirá sobre gravado

Tucho Calvo, responsable da libraría Biblos

Do 3 de decembro ao 7 de xaneiro o salón de actos da Libraría Biblos acolle a exposición “Estampas e acuarelas” de Diana Aitchinson, cunha ducia de obras en diferentes técnicas. A artista está vinculada aos obradoiros da Fundación CIEC e imparte clases en Reino Unido. A mostra inaugúrase o martes 3 ás oito do serán.

A artista ofrecerá unha charla coloquio o día 12 ás sete e media do serán, sobre técnicas de estampación artística.

Ao día seguinte o profesor Manuel Miragaia Doldán presenta o seu poemario “O sentido do infinito”.