Biblos celebra os 100 números da súa revista cunha mostra de portadas

Tucho Calvo, responsable da libraría Biblos

A mostra que acollerá o salón de actos da libraría Biblos a partir do vindeiro día 31 é especial. Non son obras pictóricas, malia condensar arte. Son as cen carátulas das cen revistas que o clube de lectores ten editado desde a súa fundación.

Inaugurarase o sábado 31, ás 13 h.