Biblos abre a súa oferta de marzo mirando cara as crianzas

Tucho Calvo, responsable da libraría Biblos

A libraría Biblos de Betanzos abre a programación do mes de marzo pensando nos peques da casa. O vindeiro sábado, día 7, estarán no seu salón de actos Os Furabolos, para representar “A pequena compaña”, obra de teatro infantil de Carlos Labraña, con Mar Fiuza e Pablo Núñez.

O sábado 14 será o debuxante Miguelanxo Prado quen nos acompañe para presentar “Amani”, un delicioso álbum protagonizado por un hipopótamo diferente, simpático e moi grande.