Arrinca un novo ciclo de música sacra

Un concerto en San Francisco

A Confraría e o Concello organizan un novo ciclo de música sacra ás portas da Semana Santa. Este domingo, a partir das oito e media do serán, e tras o pregón que dará o exalcalde da Coruña, Francisco Vázquez, a igrexa de San Domingos alzará o pano dun novo ciclo de música sacra coa Coral Polifónica de Betanzos.

Seguiralle as 21 h en Santa María o “Te Deum de Charpentier” por conta do Coro Cantábile. O día 15, no mesmo escenario e media hora antes, terá lugar o concerto “La música nos lleva a Dios”a cargo do Ensemble Iulius XIII.

O 16 tomará o relevo, en San Francisco, o Coro e a Orquesta Gaos, ás 20:30h. Interpretando obras de W. A. Mozart, organizado polo Concello de Betanzos dentro dos actos do 800 aniversario.